Unha viaxe no tempo
Autor: Milagros Álvaro López E-mail: malvaro@edu.xunta.es | Área: Ciencias Sociais Nivel: 2º da ESO |
INTRODUCIÓN | O traballo está pensado para alumnos de 2º da ESO e concíbese como unha actividade de globalización a realizar ao rematar o apartado dos descubrimentos xeográficos e as súas consecuencias. Uns dos obxectivos a perseguir é o da empatía: moitas veces ao alumnado cústalle moito recrear situacións pasadas. Por iso, e para evitar que os descubrimentos e a súa importancia acaben sendo para eles unha serie de nomes e datas, pensouse este pequeno traballo cos recursos da rede. O traballo pode realizarse de forma individual, pero está pensado para grupos de dous o tres alumnos/as de xeito que aprendan a realizar traballos colectivos e a compartir as informacións achegadas por cada un deles. |
TAREFA | TAREFA Cada grupo debe imaxinar que é algún dos seguintes personaxes: 1.-Un comerciante veneciano 2.- Un xudeu de Lubeck 3.- Un cartógrafo portugués 4.- Un nobre galego segundón 5.- Un soldado catalán 6.- Un campesiño extremeño 7.- Un cronista real 8.-Un científico ou naturista do XVIII 10.- Un monxe dominico español 9.- Un hugonote (protestante frances) perseguido< br> |
PROCESO | PROCESO Unha vez elixido o personaxe, o traballo consiste en buscar información sobre a situación deste personaxe e sobre a viaxe que vai realizar. A información redactarase como se fose unha crónica ou "diario de viaxe" no que terán que especificar: A situación na que vive o seu personaxe, así como as rA época/século/ano no que se realiza a viaxe. Razóns que o empurran a embarcarse cara ás novas terras. Destino da viaxe e rumbo do barco(se é unha viaxe de exploración de lugares descoñecidos). Elixirán se van nunha expedición organizada por outro, mesmo nunha dos grandes descubridores (nese caso terán que elixir con quen e reconstruír a viaxe), ou ben se a viaxe é por conta propia. Explicitar todo o relativo á tripulación, avituallamento, tipo de transporte, lugar da saída, finaciación, problemas durante a viaxe, consecución dos obxectivos, impresión das novas terras, tipo de xentes e costume coas que se atopan, tipo de clima, localización xeográfica das etapas da viaxe... Todo isto pode ir acompañado de ilustracións, mapas, debuxos..... |
RECURSOS | RECURSOS Nas seguintes páxinas podes atopar información que le axude no teu labor Esta web fai un bo repaso dos descubrimentos hispanos e portugueses con boa cantidade de imaxes e mapas. - http://www.icarito.cl/icarito/especiales/especial/0,0,38035857__113,00.html Listaxe de exploracións e viaxes.Glosario de termos. Imaxes - www.mgar.net/exp/mexp.htm Comercio medieval das especias e da ruta da seda. - http://club.telepolis.com/mgarciasa/var/especias.htm BiografÍas e viaxes dos grandes navegantes que traballaron para as monarquÍas hispano-portuguesas durante os séculos XV e XVI. - http://www.puc.cl/sw_educ/historia/conquista/parte2/html/index.html Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.armada15001900.net/navegantes_y_descubridores.htm Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.americas-fr.com/es/historia/descubridores.html Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.candamo.iespana.es/naval/veleros/colon.htm MAPAS - http://maps.google.es MAPAS - www.geocities.com/profesores_historia/hc1.htm MAPAS - www.pais-global.com.ar/mapas/mapa33y34.htm Avituallamento - www.armada15001900.net/galeonconstruccion/avituallamiento.htm sobre as naos - www.elhistoriador.es/imperioespgaleon.htm |
EVALUACIÓN | AVALIACION ÉXPRESIÓN CORRECTA 25% OS RECURSOS EMPREGADOS 25% O TRABALLO DE CADA MEMBRO DO GRUPO 25% A BOA EXPOSICIÓN DO GRUPO E A MEDICIÓN DOS TEMPOS NO TRABALLO NA AULA 25% |
CONCLUSIÓN | CONCLUSION Recollida a información e como colofón final, é conveniente facer unha reflexión sobre todos aqueles aspectos das viaxes dos descubridores dos que non vos decatastes e que agora tedes presentes cando falades dos grandes descubrimentos xeográficos, as dificultades reais das viaxes, as condicións tan precarias nas que navegaron, e os motivos que levaron a moitos deses homes a enrolarse nas naos para ir cara ao descoñecido. |
CRÉDITOS | webquest.sdsu.edu/">http://webquest.sdsu.edu/ -Aula Tecnológica Siglo XXI: www.aula21.net -Páginas dispersas: fresno.cnice.mecd.es/~avaler3 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario